Galego | Castellano

Quen somos

  • Trileuco Solutions é unha iniciativa empresarial galega que fornece servizos integrais de consultoría e solucións en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
  • A iniciativa xorde da impresión común dos promotores de que moitos dos problemas tecnolóxicos a que se enfrontan as empresas non están a atopar solucións no mercado que os aborden do xeito máis eficaz e eficiente
  • Trileuco é o partner tecnolóxico que precisan estas empresas para afrontaren o reto que supoñen as novas tecnoloxías, podéndose adicar deste xeito plenamente ao seu negocio e conseguindo día a día un incremento na súa competitividade
  • A nosa mellor garantía é a experiencia do equipo humano que compón Trileuco
  • Os socios fundadores da empresa son un grupo de enxeñeiros en informática, con longa e contrastada experiencia tanto no sector público coma en empresas privadas punteiras do tecido TIC galego
  • Este equipo mestura a actitude máis positiva coas aptitudes profesionais máis contrastadas para ofrecer a maior garantía e calidade aos nosos clientes